Play-doc ou ver e ouvir aos outros

Rematou este ano a sétima edición do festival internacional de documentais, Play-Doc, en Tui, o que xa salientara o ano pasado. Dicían onte os seus directores que buscaban olladas innovadoras, formas de contar diferentes. Como simple espectadora e afeccionada ao cine, se cadra o que máis aprecio de Play-Doc é ver nunha pantalla aqueles aos que non vemos de cotío, aqueles que, cando trazamos unha liña decidindo cales son as marxes da que facemos chamar sociedade, fican fóra.

Onte, quedei engaiolada coa obra de Lech Kawolski, e sobre todo, o seu proxecto Camara War, que actualiza tódolos luns cun pequeno filme, o mellor exemplo de como  internet permite borrar fronteiras nas formas de expresión e contar outras historias, mesmo case tódalas historias, e para calquera público.



O premio de curtametraxe foi para Ray Blattensblad. Os seus suicidas do ano pasado aínda me falan as veces:

The Darkness of Day :: Jay Rosenblatt Films.

O premio para longametraxe foi para o galego Oliver Laxe, atopei un anaquiño do seu documental en youtube, e agora morro por poder velo enteiro.

This entry was posted in Cinema (é un paraíso), Galego, Muffins, society and others - los otros. Bookmark the permalink.

Leave a comment